A identidade dunha vila non é algo estático, vaise transformando co tempo, cos acontecementos e coas persoas que a habitan.
Camiños Falados da Rúa é un proxecto participativo para recoller historias, lugares e personaxes para reconectar co próximo, súmaste?
Hai cen anos, a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson pasou tres días na Rúa. A súa visita, do 23 ao 25 de decembro de 1924, incorporou a vila á historia da fotografía documental de Galicia.
Estes roteiros amosan os relatos agochados no territorio. O primeiro deles está dedicado a Ruth Matilda Anderson no centenario da súa visita á Rúa.
O obxectivo é ontar un lugar a través dos seus camiños, os históricos e os creados. Os que existen dende que gardamos memoria e os que construímos coa nosa acción diaria.